Icoopera, un programa de promoción do cooperativismo

«Impulsando a I+D+i, a dinamización de Redes, e o estímulo da utilización das TIC, nas Cooperativas de Galicia»

coñecer [+]

 


Asesoramento programasidi programastic


Novidades

Remata a segunda edición do programa Icoopera

Durante o mes de xaneiro de 2016 alcanzouse o obxectivo de participantes na segunda edición do servizo Icoopera, dirixido a aquelas cooperativas que desexen preparar propostas de proxectos de I+D+i ou mellorar a implantación das TIC nas súas organizacións. Nesta etapa foron 94 cooperativas as que se beneficiaron do servizo. Moitas grazas a todas.


Xornada de peche do proxecto Icoopera

O día 25 de febreiro tivo lugar no hotel Eurostars San Lázaro de Santiago a xornada aberta de presentación de resultados do programa icoopera e actividades desenvolvidas, que serviu para dar a coñecer a cooperativas, axentes involucrados no sector cooperativista galego e partes interesadas en xeral, os beneficios que proporciona dispoñer de equipos humanos capacitados para xestionar e potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e o uso das tecnoloxías da información e da comunicación.

Durante esta xornada amosáronse os principais resultados acadados co programa, presentando casos de éxito de cooperativas para as que a innovación e o uso das TIC actuou como motor de desenvolvemento técnico e económico e entregouse unha completa guía de recomendacións sobre o uso das Tic e da I+D+i nas cooperativas galegas.


Accións divulgativas de sensibilización e dinamización

Ao longo do proxecto icoopera, realizáronse catro accións divulgativas en materia de I+D+i e TIC, de carácter presencial e dirixidas a xestores e cooperativistas. O obxectivo fundamental destas xornadas foi a sensibilización na importancia da actividade innovadora e do uso das tecnoloxías da información e da comunicación como motor de negocio.

Santiago de Compostela
Museo Pedagóxico de Galicia
18/03/2015PresentSTG
Pontevedra
Pazo da deputación
27/05/2015Celebrada-con-éxito-a-2ª-xornada-icoopera-en-Pontevedra
Vigo
Edificio da Xunta de Galicia
20/10/2015xornadavigo1
Ourense
Pazo da Deputación
27/10/20152015-10 Xornada Ourense (28)

Apoio ao lanzamento de proxectos de I+D+i

reunionAquelas cooperativas interesadas en por en marcha un proxecto de I+D+i, puideron beneficiarse do soporte prestado polo equipo consultor do servizo Icoopera.

Ofreceuse apoio ao desenvolvemento de programas de I+D+i nas cooperativas galegas que amosaron interese por sacar adiante novos produtos e servizos, a través do acompañamento e titorización de 10 proxectos de innovación, que se presentaron a diferentes convocatorias de axudas públicas.


Peche dos programas de formación

Gracias a todos os participantes. Aínda que xa está pechado o programa formativo, os cursos de formación previstos no servizo pódense continuar a consultar dende esta web. Xa non se admitirán máis inscripcións nin se fará a avaliación dos test para emitir os correspondentes diplomas.


 

icoopera

E una iniciativa promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria que ten por obxecto impulsar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación, a dinamización de redes, e o estímulo da utilización das tecnoloxías da información e as comunicacións, nas cooperativas de Galicia.

Contacto

Se desexa participar nesta iniciativa ou precisa de máis información, contáctenos:
Teléfono 981 552 059
info@innovacioncooperativas.coop

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies